Quen Somos

O Espertar créase como empresa de servizos para as persoas, dispensados con humanidade e perseguindo como unha prioridade, a mellora da calidade de vida e autonomía.

Os nosos usuarios, nenos, persoas maiores, persoas con diversidade funcional, son unha parte importante dos destinatarios, que non a única, xa que a pretensión é mellorar a calidade de vida das familias e do ámbito rural, favorecendo a permanencia no seu domicilio, mediante a prestación de servizos de asistencia persoal e soporte familiar.

Asimesmo podemos proveer, todos aqueles elementos complementarios que redunden nunha mellora da calidade de vida persoal e familiar mediante os productos qu forma parte da nosa carta de servizos.

O fin último da empresa é universalizar e mellorar as prestacións, humanizando o medio rural, atendendo ás persoas e conseguindo que continúe a ser un lugar onde traballar e vivir, cun obxectivo xeral:

Promover, manter ou restablecer a autonomía das persoas prestando unha atención socio-sanitaria, persoal e doméstica dende unha perspectiva integral e normalizadora en aquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal, física, psíquica e social ou en situacións de desestructuración familiar, para facilitar a permanencia no seu medio habitual de vida, evitando situacións de desarraigo e desintegración social e a súa posible institucionalización

Aviso legal | Política de Privacidad

O noso fin consiste en promover, manter ou restablecer a autonomía das persoas prestando unha atención socio-sanitaria, persoal e doméstica dende unha perspectiva integral e normalizadora en aquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal, física, psíquica e social ou en situacións de desestructuración familiar, para facilitar a permanencia no seu medio habitual de vida, evitando situacións de desarraigo e desintegración social e a súa posible institucionalización. Axuda a domicilio